hipocorístico
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do grego ὑποκοριστικός (hypokoristikós) (que acariña)
hipocorístico (ms: hipocorístico; mpl: hipocorísticos; fs: hipocorística; fpl: hipocorísticas)
- (Lingüística) Forma abreviada ou en diminutivo coa que se nomea unha persoa, nun rexistro cariñoso e familiar.
- Exemplo: Sefa, Paco, Sabela, Tonecho ou Chus son exemplos de denominacións hipocorísticas de persoas chamadas Xosefa, Francisco, Isabel, Antón ou María Xesús.
- Exemplo: Sefa, Paco, Sabela, Tonecho ou Chus son exemplos de denominacións hipocorísticas de persoas chamadas Xosefa, Francisco, Isabel, Antón ou María Xesús.
Observacións
- Úsase tamén como substantivo masculino.
