hemostase
Aparencia
Galego

Etimoloxía: de hemo-, o grego antigo στάσις stásis 'detención' e -se.
Pronuncia: /ɛ.mos.'ta.se̯/ (AFI)
hemostase
(sg: hemostase; pl: hemostases)
- (Medicina) Resposta fisiolóxica a unha lesión vascular, coa finalidade de parar unha hemorraxia, que consta dunha fase de vasoconstrición da área danada, outra de agregación das plaquetas para a formación do chamado tapón plaquetario, a de coagulación e, por último, a de reparación do tecido danado.
