hematopoese
Aparencia
Galego

Etimoloxía: de hemato- e o grego antigo ποίησις poíēsis, 'acción', 'creación', 'fabricación'.
Pronuncia: /ɛ.ma.to.po.'ɛse̯/ (AFI)
hematopoese
(sg: hematopoese; pl: hematopoeses)
- (Fisioloxía) Proceso de formación e maduración das diferentes células sanguíneas, que ocorre na medula ósea. A partir das células precursoras hematopoéticas créanse cinco tipos de células nucleadas precursoras das células sanguíneas normais: os proeritroblastos, que formarán os eritrocitos maduros; os mieloblastos, que formarán os eosinófilos, neutrófilos e basófilos; os monoblastos, que formarán os monocitos maduros; os linfoblastos, que formarán os linfocitos e os megacarioblastos que formarán as plaquetas.
