Saltar ao contido

gama

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: do grego antigo γάμμα gámma, terceira letra do alfabeto grego, Γ, γ, coa cal se daba principio á serie dos sons musicais.
  • Pronuncia: /'ga.ma̯/ (AFI)
  1. Conxunto de cousas que presentan unhas características comúns en diferente grao en cada unha delas.
  2. Serie de matices dunha cor.
  3. Diferenza de luminosidade entre as áreas máis escuras e as máis iluminadas dun motivo.
  4. Conxunto variado de cousas.
  5. (Música) Fragmento de escala musical que se estende de tónica a tónica.
  6. (Música) Táboa ou escala coa que se ensina a entonación das notas musicais.