Saltar ao contido

gabinete

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ga.βi.'ne.te̯/ (AFI)
  1. Cuarto pequeno da casa onde adoitan recibirse persoas coñecidas.
    • Exemplo: A poucas persoas recibo no meu gabinete.

  2. Local no que se mostra unha colección de obxectos destinados ao estudo dunha ciencia ou duna arte.
    • Exemplo: Gabinete de Ciencuias Naturais.

  3. Oficina dun organismo encargada de atender determinados asuntos.
    • Exemplo: Recibiron aos representantes dos obreiros no gabinete particular do ministro.

  4. (Medicina) Habitación provista dos aparatos necesarios, onde o dentista, ou outro médico, examina e trata aos seus pacientes.
    • Exemplo: Foise a luz no gabinete do dentista.