frecha
Aparencia
Galego
Pronuncia: /'fɾɛ.t͡ʃa̯/ (AFI)
frecha
(sg: frecha; pl: frechas)
- Arma que consiste nunha hasta delgada, normalmente de madeira, á que se lle afía un dos extremos, ou se lle engade unha punta de ferro afiada, e unhas aletas ou plumas curtas no outro, que serven para que manteña a dirección ao ser disparada.
- Calquera obxecto en forma de frecha.
- Sinal semellante a unha frecha ou a unha cabeza de frecha, usado sobre todo para indicar unha dirección.
- (Arquitectura) Remate acabado en punta dunha torre ou dun campanario, típico do gótico.
- (Arquitectura) Altura dun arco ou dunha bóveda desde a liña de arranque até a clave.
- (Arquitectura) Tellado piramidal que está moi elevado respecto das dimensións das súas bases.
- (Tecnoloxía) Nun avión, ángulo que forma a liña que une os puntos das cordas dos perfís dunha á situada a un 25% do ángulo de ataque co plano de simetría do aparato.
- (Tecnoloxía) Distancia entre o punto da máxima deformación dunha viga sometida a flexión e o lugar que ocuparía teoricamente o mesmo punto se non houbera deformación.