fiúncho

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «fiúncho».
[1]
  • Pronuncia: /fiˈunt͡ʃo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

fiúncho (sg: fiúncho; pl: fiúnchos)

  1. (Botánica) (Alimentación) Herba perenne moi aromática, de aroma anisado, empregada na cociña. Da familia das apiáceas, de hábito erecto, que pode chegar a acadar os dous metros de altura, dunha cor verde intensa, con follas disectas de folíolos filiformes, e inflorescencias en umbelas terminais con numerosos floros minúsculos de cor amarela ou branca, en ramiños de 20 a 50 flores sobre os curtos pedúnculos. O seu froito é un aquenio duns 6 milímetros de longo. Ademais deste e das follas, o seu bulbo tamén é usado en herboristaría como diurético.

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións