fascículo
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín fascicŭlus, 'pequeno feixe'.
Pronuncia: /fas.'θi.ku.lo̯/ (AFI)
fascículo
(sg: fascículo; pl: fascículos)
- Cada un dos cadernos formados por un curto número de follas impresas dunha obra, que se publican e venden por partes de forma periódica.
- (Botánica) Conxunto de follas, fibras ou flores que forman un grupo compacto en forma de feixe.
- (Fisioloxía) Conxunto de fibras nerviosas ou musculares que xeralmente teñen a mesma función.