Saltar ao contido

explosivo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «explosivo».
  • Pronuncia: /eks.plɔ.'si.βo̯/ (AFI)

Adxectivo

explosivo
(ms: explosivo; mpl: explosivos; fs: explosiva; fpl: explosivas)

  1. Que produce ou pode producir explosión.
    • Exemplo: Ten coidado con este líquido, é explosivo.

  2. Que causa grande impresión ou que chama poderosamente a atención.
    • Exemplo: Ao final do partido o adestrador fixo unhas explosivas declaraciónes.

  3. (Figurado) Que pode provocar unha reacción violenta ou non esperada.
    • Exemplo: Bebida explosiva.

  4. (Figurado) Que é moi crítico ou perigoso.
    • Exemplo: Situación explosiva.

  5. (Lingüística) Dito dunha consoante, que se encontra en posición inicial da sílaba.
  6. (Lingüística) Dito dunha consoante, que se pronuncia con oclusión e explosión.

Termos relacionados

potencial explosivo

Substantivo masculino

explosivo
(sg: explosivo; pl: explosivos)

  1. Substancia que pode explotar.