experimental

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /eɣ̞s.pe.ɾi.mẽn̪.ˈt̪al/ (AFI)

Adxectivo

experimental (sg: experimental; pl: experimentais)

  1. Basedado na experiencia, ou que se sabe e alcanza por ela.
    • Exemplo: Física experimental. Coñecemento experimental.

  2. Que serve de experimento para probar algo, con vistas a posíbeis perfeccionamentos, aplicacións e difusión.
    • Exemplo: O novo motor do coche de carreiras aínda está en fase experimental.

  3. Que tende á busca de novas formas estéticas e de técnicas expresivas renovadoras.
    • Exemplo: Música experimental. Novela experimental.