expediente
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín expediens, -entis, participio de presente activo de expedīre, 'soltar', 'dar curso', 'provir'.
Pronuncia: /eks.pe.'ðjɛŋ.te̯/ (AFI)
expediente
(sg: expediente; pl: expedientes)
- Conxunto de documentos que achegan datos sobre un asunto determinado.
- Conxunto das cualificacións obtidas por un alumno ao longo dos seus estudos.
- (Dereito) Procedemento administrativo ou investigación no que se xulga a actuación de alguén ou as supostas irregularidades que cometeu no exercicio da súa profesión ou actividade.