estrato
Aparencia
Galego
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/65/Blausen_0012_AdiposeTissue.png/205px-Blausen_0012_AdiposeTissue.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d3/Quebrada_de_Cafayate%2C_Salta_%28Argentina%29.jpg/205px-Quebrada_de_Cafayate%2C_Salta_%28Argentina%29.jpg)
Pronuncia: /es.ˈtɾa.to̯/ (AFI)
estrato (sg: estrato; pl: estratos)
- Conxunto de elementos que, con determinados caracteress comúns, integrados con outros conxuntos anteriores ou posteriores para a formación dunha entidade ou produtos históricos, dunha lingua, etc.
- Exemplo: Os estratos que formaron o galego.
- Exemplo: Os estratos que formaron o galego.
- Capa ou nivel dunha sociedade.
- Exemplo: O estrato da clase media.
- Exemplo: O estrato da clase media.
- (Anatomía) Cada unha das capas dun tecido orgánico que se superpoñen a outras ou se estenden por debaixo delas.
- Exemplo: O estrato adiposo.
- Exemplo: O estrato adiposo.
- (Xeoloxía) Cada unha das capas en que se presentan divididos os sedimentos, as rochas sedimentarias, as rochas volcánicas e as rochas metamórficas cando esas capas se deben ao proceso de sedimentación. A parte da xeoloxía que estuda os estratos recibe o nome de estratigrafía.
- Exemplo: Explotamos un estrato metalífero.
- Exemplo: Explotamos un estrato metalífero.