espora
Aparencia
Galego
espora1
Pronuncia: /es.'pɔ.ɾa̯/ (AFI)
espora
- Peza de metal, xeralmente en forma de estrela, ou unha pequena roda con puntas, colocada na parte de atrás do calzado dun xinete para aguilloar ao cabalo.
- (Figurado) Estímulo necesario para realizar algo.
espora2
Etimoloxía: do latín científico spora, e este do grego antigo σπoρá sporá, 'semente'.
Pronuncia: /es.'pɔ.ɾa̯/ (AFI)
espora
- (Botánica) Célula de algunhas plantas criptógamas que, sen teren forma nin estrutura de gameto, e sen necesidade de unirse con outro elemento análogo para formaren un cigoto, sepárase da planta e divídese varias veces ata constituír un novo individuo.
- (Bioloxía) Forma de resistencia que adoptan algunhas bacterias ante condicións ambientais desfavorábeis.
