ensarillar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ensaɾiˈʎaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

ensarillar

  1. Enrolar o fío no sarillo para realizar as madeixas.
  2. Envolver algo de xeito desordenado, facéndoo difícil de desfacer.
  3. Crear confusión ou complexidades.


Verbo pronominal

ensarillarse

  1. Envolverse de xeito desordenado.
  2. Crearse confusión ou complexidades.


Conxugación