enredar
Aparencia
Galego
Pronuncia: /eŋ.ɾe.ðaɾ/ (AFI)
enredar
- Coller cunha rede algunha cousa.
- Entreter a alguén e facer que perda o tempo.
- Meter discordia.
- Enlazar, entretecer, enmarañar algo con outra cousa.
- (Figurado) Tramar enredos.
Observacións
Na 2ª acepción úsase tamén como pronominal.
enredar
- Distraerse e perder o tempo.
- Andar en algo sen saber como se fai e co fin de se distraer.
- Pasar o tempo e divertirse.
- Mostrarse inquieto ou facer o que non debe unha persoa, especialmente un neno.
enredarse
- Dito dun asunto, complicarse coas dificultades.
- Aturdirse, facerse un lío.
- (Coloquial) Amancebarse.