enerxía alimentaria
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de enerxía e alimentaria.
enerxía alimentaria
- (Física) e (Química) Enerxía química que os animais, incluídos os humanos, obteñen dos alimentos a través do proceso da respiración celular, que pode comprender a reacción química das moléculas dos alimentos con oxíxeno molecular (respiración aeróbica) ou o proceso de reorganización das moléculas dos alimentos sen oxíxeno adicional (respiración anaeróbica).