Saltar ao contido

energía

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Castelán

  • Pronuncia: /e.neɾˈxi.a/ (AFI)

Substantivo feminino

energía
(sg: energía; pl: energías)

  1. Enerxía.
    • Exemplo: «Este movimiento está directamente relacionado con la temperatura, de modo que, a temperaturas bajas, es ínfimo el número de moléculas reactantes que tienen suficiente energía como para pasar al estado activado».
      Este movemento está directamente relacionado coa temperatura, de xeito que, a temperaturas baixas, é ínfimo o número de moléculas reactantes que teñen suficiente enerxía como para pasar ao estado activado. (Castro, Roberto J. et al. Actualizaciones en Biología [1981]. Páxina 86. Editorial: Eudeba. Buenos Aires, 1999)

    • Exemplo: «De un modo general, puede decirse que la tecnología, definida como un conjunto de instrumentos, materias primas, fuentes de energía, modos de producción y de organización social posee y controla para obtener su sustento sobre un territorio, depende de una organización social determinada que a su vez puede alterarse por el propio sistema tecnológico».
      De xeito xeral, pódese dicir que a tecnoloxía, definida como un conxunto de instrumentos, materias primas, fontes de enerxía, modos de produción e de organización social que unha sociedade posúe e controla para obter o seu sustento nun territorio, depende dunha organización social determinada que, á súa vez, pode alterarse polo propio sistema tecnolóxico. (Estébanez Álvarez, José. Las ciudades. Morfología y estructura. Páxina 8. Editorial: Síntesis. Madrid. 1991)

Sinónimos

Termos relacionados