enclave
Aparencia
Galego
Pronuncia: /eŋ.'kla.βe̯/ (AFI)
enclave
- Grupo étnico ou ideolóxico inserido noutro de características diferentes.
- (Ecoloxía) Territorio incluído noutro con características ecolóxicas diferentes.
- (Política) Territorio baixo a soberanía ou xurisdición dun Estado.
- (Xeoloxía) Restos de intrusións, en parte transformadas, observábeis nas rochas endóxenas, que se orixinan cando un magma, ao subir á litosfera, encontra rochas, de composición química diferente ás que o orixinaron, que son asimiladas por el.