dispositivo intrauterino

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «dispositivo intrauterino».
Dispositivo intrauterino con proxestáxeno

Locución substantiva masculina

dispositivo intrauterino

  1. (Medicina) O dispositivo intrauterino (DIU) con proxestáxeno ou sistema intrauterino (SIU) é un dispositivo de contracepción hormonal que se coloca no útero. Un DIU ten un cilindro con hormonas que libera unha proxestina chamada levonorxestrel. Utilízase para o control da natalidade, os períodos menstruais abondosos e para previr a acumulación excesiva do revestimento do útero nas mulleres que reciben terapia de substitución de estróxenos. É unha das formas máis efectivas de anticoncepción, cunha taxa de fracaso anual de arredor do 0,2 %. O dispositivo colócase no útero e dura de tres a cinco anos. Despois da súa eliminación, a fertilidade volve de decontado.