discreto
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín discrētus, participio pasado de discernĕre 'discernir'.
Pronuncia: /dis.'kɾɛ.to̯/ (AFI)
discreto
(ms: discreto; mpl: discretos; fs: discreta; fpl: discretas)
- Que ten discreción.
- Que inclúe ou denota discreción.
- Que non se fai notar.
- Que está formado por partes separadas.
- Dise da persoa que é reservada en palabras e actos.
- Dise da persoa que fala ou se comporta con prudencia e reserva.
- Dise da persoa que sabe gardar os segredos.
- Moderado, sen exceso.
- (Matemáticas) Dito dunha magnitude ou dun conxunto, que toma ou está formado por valores separados.
- (Medicina) Dise das enfermidades eruptivas con manifestacións externas moi sepradas entre si.