dilixencia
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín dīlĭgentǐa.
Pronuncia: /ði.li.ʃɛŋ.θja̯/ ou /ði.li.ʃɛŋ.sja̯/ (AFI)
dilixencia
(sg: dilixencia; pl: dilixencias)
- Calidade de dilixente.
- Coidado no cumprimento das obrigas.
- Cousa ou acción que se fai para solucionar un asunto.
- (Dereito) Acta que deixa constancia da maneira e as circunstancias en que se executa un acordo ou unha decisión xudicial.
- (Dereito) Manifestación do coñecemento que nun procedemento civil, penal ou administrativo, recolle a constancia dun feito concreto para que un órgano xudicial adopte a resolución que proceda.
- (Dereito) Conxunto de actuacións que conforman un procedemento xudicial.