Saltar ao contido

diafragma

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «diafragma».
Diafragma

Substantivo masculino

diafragma (sg: diafragma; pl: diafragmas)

  1. (Anatomía) Membrana musculosa que separa as cavidades torácica e abdominal, de forma plana, case circular e abombada.
    • Exemplo: O esófago atravesa o diafragma e comunica co estómago.

  2. (Óptica) Disco que nunha cámara fotográfica permite regular a luz que penetra no obxectivo.
  3. (Medicina) Disco que se coloca no fondo da vaxina, á entrada do colo uterino, para pechar o útero á entrada do seme.

Traducións