descarga
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de descargar
Pronuncia: /desˈkaɾɣa̝/ (AFI)
descarga (sg: descarga; pl: descargas)
- Acción de descargar ou descargarse.
- Disparos simultáneos de distintas armas de fogo.
- Sacar algo dun sitio que está máis alonxado ou que serve para transporte.
- (Física) Paso de electricidade entre dous corpos debido a diferenza de potencial.
- (Informática) Obtención de información dunha rede informática (por exemplo, programas de internet).
- (Arquitectura) Peso e forzas que se transmiten dun corpo ou unha estrutura a outra para alixeiralo.
- (Xeoloxía) Perda de carga por erosión de distintos materiais supraadxacentes.
Termos relacionados
Referencias
- «descarga» no DIGALEGO, Ir Indo.