deformación

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «deformación».
  • Pronuncia: /defoɾmaˈθjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

deformación (sg: deformación; pl: deformacións)

  1. Acción e efecto de deformar ou deformarse.
  2. (Física) Modificación da forma ou as dimensións dun sistema baixo a acción dunha forza ou xente externos.
    • Exemplo: A deformación dun resorte por tracción.

  3. (Medicina) Alteración das características morfolóxicas dunha parte do organismo.
    • Exemplo: Como consecuencia da artrite amosaba grandes deformacións nos cotobelos.

  4. (Antropoloxía) Resultado de certas prácticas dalghunhas sociedades, efectuadas coa finalidade de modelar unha parte do corpo.
    • Exemplo: Unha das deformacións máis coñecidas é a que sufrían as nenas da China tradicional, ás que se lles vendaban os pés para evitaren que estes acadaran o seu normal desenvolvemento.

  5. (Cristalografía) Adopción de formas cristalográficas irregulares (é dicir, non idiomorfas) por parte dun mineral, impostas polas circunstancias externas do medio en que se realiza a súa xénese.
  6. (Xeoloxía) Cambio de forma dunha rocha ou dunha formación debido a unha forza de orixe tectónica. Pode ser descontinua, se conduce a fracturas, ou continua, cando se manifesta sobre todo por dobras.

Termos relacionados

Traducións

Castelán

Substantivo feminino

deformación (sg: deformación; pl: deformaciones)

  1. Deformación.