deficiencia
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín deficientĭa.
Pronuncia: /ðe.fi.'θjɛŋ.θja̯/} ou /ðe.fi.'sjɛŋ.sja̯/ (AFI)
deficiencia
(sg: deficiencia; pl: deficiencias)
- Estado ou calidade de deficiente.
- Eiva, imperfección física ou moral.
- (Medicina) Perda ou anormalidade dunha estrutura ou función anatómica, fisiolóxica ou psicolóxica, calquera que sexa a súa causa.
Termos relacionados
deficiencia cromosómica, deficiencia electrónica, deficiencia mineral, deficiencia nutricional