data de caducidade

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «data de caducidade».

Locución substantiva feminina

data de caducidade (sg: data de caducidade; pl: datas de caducidade)

  1. (Alimentación) Data límite do prazo de tempo durante o que un alimento é seguro para o consumidor, establecida polo fabricante para alimentos moi perecedoiros.
    • Exemplo: A indicación da data de caducidade é obrigatoria no caso dos produtos alimenticios microbioloxicamente moi perecedoiros.

    • Observacións: Diferénciase da data de consumo preferente, ou de duración mínima, en que esta última expresa o período de tempo durante o cal o fabricante garante que o alimento mantén as características organolépticas adecuadas pero que, unha vez superada, non representa un risco sanitario para o consumidor.

Termos relacionados

Traducións