cuartel
Aparencia
Galego
Pronuncia: /kwaɾ.'tɛl/ (AFI)
cuartel
(sg: cuartel; pl: cuarteis)
- Edificio ou conxunto de instalacións onde se aloxan tropas.
- Edificio ou instalacións onde viven e realizan as súas actividades os membros da garda civil ou as tropas do exército.
- Nun barco a motor, tapa dos compartimentos que están debaixo da cuberta.
- Tregua ou respiro para o inimigo ou para o vencido.
- Cada un dos barrios ou distritos urbanos en que se divide unha poboación.
- Cada un dos diferentes lugares en que se distribúe un exército en campaña ou de manobras.
- Cada un dos barrios ou distritos en que se dividía unha cidade no Antigo Réxime.
Termos relacionados
cuartel xeral, cuartel de inverno, dar cuartel, non dar cuartel, pedir cuartel
