Saltar ao contido

constante de asociación

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Locución substantiva feminina

constante de asociación

  1. (Química) En química unha constante de asociación (Ka) é unha constante de equilibrio, inversa da constante de disociación que, aplicada por exemplo ao equilibrio químico resultante da formación dun complexo LR a partir dun ligando L e dun receptor R, que se pode escribir
    L + R ⇌ complexo LR

    a constante de asociación vale Ka = [LR]/[L][R] onde [LR], [L] e [R] representan as concentracións molares das diferentes especies químicas consideradas.
    • Exemplo: A constante de asociación é unha cantidade de uso habitual en bioquímica

      .

Antónimos