Saltar ao contido

compoñer

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kompoˈɲeɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

compoñer

  1. Xuntar correctamente os distintos elementos, partes ou compoñentes de algo.
  2. Formar un conxunto ou un todo.
  3. Crear unha obra literaria ou musical.
  4. Poñer no seu sitio, especialmente un óso.
  5. Poñer en bo estado algo que non funcionaba ben.
  6. Amañar uns caracteres, plana, aliñado... para a impresión nunha imprenta.


Verbo pronominal

compoñerse

  1. Vestir de maneira axeitada para as circunstancias.


Verbo transitivo e pronominal

compoñer

  1. Coidar o propio aspecto ou o doutro á hora de realizar unha actividade.


Verbo pronominal

compoñerse de

  1. Estar formado ou constituído por distintos elementos ou partes.

Termos relacionados

Conxugación