colúbrido
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín colŭber, -bri, 'cobra', e -ido.
Pronuncia: /ko.'lu.βɾi.ðo̯/ (AFI)
colúbrido
(sg: colúbrido; pl: colúbridos)
- Pertencente ou relativo aos colúbridos.
colúbrido
(sg: colúbrido; pl: colúbridos)
- Réptil escamoso da familia dos colúbridos.

colúbridos
- Familia de réptiles escamosos caracterizados por careceren de cintura pelviana, cos ósos da cara movíveis e o corpo cuberto de escamas regulares e simétricas; teñen dentes no padal, pero non son acanalados e, aínda que levan veleno, normalmente non posúen medios para inoculalo, polo que a maior parte das súas especies, coñecidas como cobras, non son velenosas.