Saltar ao contido

ciencia ficción

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ciencia ficción».
Jules Verne (1828-1905), escritor francés pioneiro da literatura de ciencia ficción.
Imaxe de Le Voyage dans la lune (1902), filme mudo de George Méliès
  • Pronuncia: /ˈθjɛn.θja̯ fik.ˈθjoŋ/ ou /ˈsjɛn.θja̯ fik.ˈsjoŋ/ (AFI)

Locución substantiva feminina

ciencia ficción

  1. Xénero literario e cinematográfico cuxo contido está baseado nos efectos de hipotéticos avances científicos e tecnolóxicos, presentes ou futuros, sobre a sociedade ou os individuos.
    • Exemplo: 'Alien é unha das máis famosas películas de ciencia ficción.

Sinónimos

Observacións

Aínda que a Real Academia Galega admite tanto o termo ciencia ficción como o sinónimo ficción científica, algúns autores, como o terminólogo Xusto Rodríguez Río, consideran preferíbel a expresión ficción científica por consideraren que, como norma xeral, se debe buscar a adaptación das denominacións importadas ás pautas ortográficas, ortofónicas e morfosintácticas do galego.
(Véxase, así mesmo, a forma portuguesa).

Traducións