chaparena
Aparencia
Galego

Pronuncia: /t͡ʃapaˈɾena̝/ (AFI)
chaparena (sg: chaparena; pl: chaparenas)
- (Ictioloxía) Especie de peixe da clase dos actinopterixios, infraclase dos teleósteos, orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos percoideos e familia dos espáridos, unha das dúas actualmente integradas no xénero Spondyliosoma. De corpo oval e comprimido, a súa coloración vai da gris azulada á apardazada ou verde nas partes superiores, cos flancos e o ventre máis claros; presenta varias liñas lonxitudiais de cor dourada. A cabeza remata co fociño en punta, coa boca, terminal, pequena; os ollos son relativamente grandes.
Nome científico
Sinónimos
Traducións
- Alemán: Streifenbrasse (de)
- Asturiano: tena (ast), chopa (ast), lliza (ast), zapateru (ast)
- Catalán: càntera (ca), càntara (ca), xopa (ca)
- Castelán: chopa (es)
- Francés: dorade grise (fr), griset (fr), canthère (fr), canthare (fr), rousseau (fr)
- Inglés: black seabream (en)
- Italiano: tanuta (it)
- Neerlandés: zeekarper (nl)
Referencias
- «chaparena» no DIGALEGO, Ir Indo.
