cesura
Aparencia
Galego
Pronuncia: /θe.'su.ɾa̯/ ou /se.'su.ɾa̯/ (AFI)
cesura
(sg: cesura; pl: cesuras)
- (Literatura) Na poesía moderna, corte ou pausa que se fai no verso despois de cada un dos acentos métricos reguladores da súa harmonía.
- (Literatura) Na poesía grega e latina, sílaba coa que termina unha palabra, despois de ter formado un pé, e serve para empezar outro.
- (Literatura) Pausa que se fai no interior dun verso de arte maior, e que o divide en dúas partes chamadas hemistiquios.
- (Música) Pausa marcada entre frases musicais por un silencio.