Saltar ao contido

cervo acuático

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cervo acuático».
  • Pronuncia: /'θɛɾ.βo̯ a.'kwa.ti.ko̯/ ou /'sɛɾ.βo̯ a.'kwa.ti.ko̯/ (AFI)
Cervo acuátco macho

Locución substantiva masculina

cervo acuático

  1. (Zooloxía) Especie de cérvido de pequeno tamaño, de nome científico Hydropotes inermis, orixinario da China e de Corea que, a pesar de certas peculiaridades anatómicas, que inclúen un par de cairos prominentes e a súa carencia de hastas, é clasificado como un cervo.