cerdeira de Pissard
Aparencia
Galego
cerdeira de Pissard (sg: cerdeira de Pissard; pl: cerdeiras de Pissard)
(Botánica) Arbusto ou pequena árbore da familia das rosáceas, Prunus cerasifera var. pissardii = P. pissardii, de follas caducas, alternas, pequenas, de bordo dentado e cor purpúrea; flores hermafroditas, brancas ou rosadas, que agroman antes que as follas, e froito semellante a unha cereixa, de cor rubia purpúrea, comestíbel. Orixinaria de Irán, cultívase como ornamental en parques e xardíns.