celulosa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «celulosa».
  • Pronuncia: /θe.lu.ˈlo.sa/ ou /se.lu.ˈlo.sa/ (AFI)

Adxectivo

celulosa (ms: celuloso; mpl: celulosos; fs: celulosa; fpl: celulosas)

  1. (Bioloxía) Que contén células.
    • Exemplo: Tecido celuloso

      .

Sinónimos

(Máis adecuado) celular

Substantivo feminino

Estrutura da molécula de celulosa

celulosa (sg: celulosa; pl: celulosas)

  1. (Química) Polímero formado pola repetición de moléculas de glicosa. É o compoñente fundamental parede das células vexetais, que pode obterse por procedementos industriais da madeira, do algodón e doutras fibras, e constitúe a materia prima para a fabricación de certos produtos, entre os que destaca o papel.
    • Exemplo: A celulosa é o polímero natural máis abundante na Terra. As fibras de celulosa axudan ao tránsito intestinal dos produtos da dixestión dos alimentos. En Pontevedra hai unha planta de produción de celulosa.