celentéreo
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do grego antigo κοῖλος koîlos 'oco' e ἔντερον énteron 'intestino'.
Pronuncia: /θe.leŋ.'tɛ.ɾe̯o̯/ ou /se.leŋ.'tɛ.ɾe̯o̯/ (AFI)
celentéreo
(sg: celentéreo; pl: celentéreos)
- (Zooloxía) Pertencente ou relativo aos animais metazoos invertebrados acuáticos de simetría radiada, corpo xelatinoso cunha cavidade única, gastrovascular que comunica co exterior por un orificio que é á vez boca e ano, e provisto de tentáculos con células urticantes, como as medusas.