catecúmeno
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín tardío catechumĕnus, e este do grego bizantino κατηχούμενος katēchoúmenos, 'o que se instrúe'.
Pronuncia: /ka.te.'ku.me.no̯/ (AFI)
catecúmeno
(ms: catecúmeno; mpl: catecúmenos; fs: catecúmena; fpl: catecúmenas)
- (Relixión) Persoa que se está educando nos principios da doutrina católica para recibir o sacramento do bautismo.
- Por extensión, persoa que se instrúe nos principios da doutrina dunha agrupación ou dun partido.
.