catalizador
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de catálise.
Pronuncia: /ka.ta.li.θa.ðoɾ/ ou /ka.ta.li.sa.ðoɾ/ (AFI)
catalizador
(sg: catalizador; pl: catalizadores)
- (Química) Dise da substancia que, en pequena cantidade, incrementa a velocidade dunha reacción química, e que pode recuperarse sen cambios esenciais ao final da reacción.
- Dito dunha persoa ou dunha cousa, que estimulan o desenvolvemento dun proceso.
Observacións
Ambas as acepcións úsanse tamén como substantivos masculinos.
catalizador
(sg: catalizador; pl: catalizadores)
- (Tecnoloxía) Nos motores de combustión interna, dispositivo que, mediante unha substancia catalizadora, produce reaccións que diminúen a toxicidade dos gases da combustión.