Saltar ao contido

caseiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ka.'sej.ɾo̯/ (AFI)

Adxectivo

caseiro caseiro
(ms: caseiro; mpl: caseiros; fs: caseira; fpl: caseiras)

  1. Pertencente ou relativo á casa.
  2. Persoa que gusta moito de estar na súa casa.

Substantivo

caseiro
(ms: caseiro; mpl: caseiros; fs: caseira; fpl: caseiras)

  1. Persoa que se encarga de coidar e traballar as terras e a casa que son doutro.
  2. Persoa que traballa en arrendamento un casal e paga parte das colleitas ao seu propietario.
  3. Propietario dunha vivenda alugada con respecto ao inquilino.