carpeta
Aparencia
Galego
Pronuncia: /kaɾ.'pe.ta̯/ (AFI)
carpeta
(sg: carpeta; pl: carpetas)
- Utensilio formado por unha lámina de cartón ou de plástico dobradas pola metade, e xeralmente con unha tira de goma para pechar, usado para gardar dentro papeis, láminas, fotografías, etc.
- (Informática) Contedor virtual no que se almacena un grupo de arquivos de datos e que pode conter, á súa vez, outros contedores.