Saltar ao contido

capoeira

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

capoeira (sg: capoeira; pl: capoeiras)

  1. (Gandaría) Espazo pechado onde se crían galiñas ou engordan capóns.
    • Exemplo: Dáballe medo entrar na capoeira porque de pequeno lle peteiraban nas pernas.

    • Sinónimos: capoeiro, galiñeiro, poleiro
    • Termos relacionados: galo

Traducións

Portugués

Unha roda de capoeira en Porto Alegre, Brasil

Substantivo feminino

  • Etimoloxía: do tupi-guarani ka'a "mata" e pûer "que foi", ou sexa, unha mata rastreira.
  • Pronuncia: (Brasil) /ka.pu.ˈe.ɾɐ/, /ka.pu.ˈej.ɾɐ/ (AFI)
Dous homes xogando capoeira

capoeira

  1. (Brasil) danza o loita brasileira baseada en movementos rítmicos acompañados por instrumentos de percusión, como o berimbau, sendo comunmente practicada en medio a unha roda de persoas. Creada polos africanos escravizados en Brasil na época da colonización como forma de resistencia e expresión cultural, ten súa orixe nas senzalas da Baía, Pernambuco e Río de Xaneiro. Hoxe practícase a capoeira como un deporte, sendo común dicir "xogar capoeira" para referirse a esta práctica.