Saltar ao contido

capelán

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «capelán».
  • Pronuncia: /kapeˈlaŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

capelán (ms: capelán; mpl: capeláns; fs: capelá; fpl: capelás)

  1. (Ictioloxía) (Mallotus villosus) Especie de peixe teleósteo da orde dos osmeriformes e familia dos osméridos.
  2. Membro do clero que exerce o seu ministerio nunha capela, é dicir, nun templo que non ten a categoría de parroquia, ou, dito doutra forma, que exerce ao servizo dun grupo de persoas que non están organizadas como nunha misión ou igrexa. Difire de cargos como o párroco, en que o grupo dunha capelanía pode pertencer a ela por causas moi diversas, fronte a parroquia, que se define por un territorio. E pola falta de xurisdición para determinados actos coma a celebración do matrimonio.
  3. (Xentilicio) Habitante ou natural do concello da Capela.

Adxectivo

capelán (ms: capelán; mpl: capeláns; fs: capelá; fpl: capelás)

  1. Relativo ou pertencente á Capela e a súa xente.