caneleira branca
Aparencia
Galego

Pronuncia: /kanɛˈlejɾa̝ ˈbɾaŋka̝/ (AFI)
caneleira branca (sg: caneleira branca; pl: caneleiras brancas)
- (Alimentación) (Botánica) Única especie de planta do xénero Canella, dentro da familia das caneláceas (Canellaceae). Nativa da zona das Antillas, emprégase a súa casca, a canela branca, como condimento, así como para usos medicinais.
