Saltar ao contido

canón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     Cañón ,    canon ,    cañón

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «canón».
Canón de artillaría do século XVIII
Canón xeográfico
Pluma de ave co seu canón
  • Pronuncia: /ka.ˈnoŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

canón
(sg: canón; pl: canóns)

  1. Obxecto alongado e oco de forma cilíndrica.
  2. Tubo longo que serve para a condución de fluídos.
  3. Condución dunha cheminea que leva o fume ao exterior
  4. Nunha arma de fogo, tubo polo que se dispara o proxectil.
  5. (Arte) Aparello que xera un raio de luz concentrada, usado para iluminar partes da escena en espectáculos artísticos.
  6. (Exército) Peza de artillaría de tubo longo que lanza proxectís de gran tamaño a longa distancia.
  7. (Exército) Arma de artillaría.
  8. (Tecnoloxía) Aparato que recibe un sinal de vídeo e proxecta a imaxe correspondente nunha pantalla usando un sistema de lentes.
  9. (Tecnoloxía) Dispositivo destinado a producir e concentrar un feixe de electróns, empregado nos tubos de raios catódicos e nos microscopios electrónicos.
  10. (Xeografía) Val estreito, longo e fondo, de paredes case vericais formado pola erosión dun río.
  11. (Xeografía) e (Xeoloxía) Entallamento fondo na plataforma e no talude continentais, que forma un val submarino estreito, de paredes escarpadas, que descende cara ás chairas abisais.
  12. (Zooloxía) Eixe oco e alongado das pluma das aves.

Termos relacionados

bóveda de canón, canón de neve, canón submarino