Saltar ao contido

cabeceira

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

cabeceira (sg: cabeceira; pl: cabeceiras)

  1. Parte da cama na que se coloca a cabeza, en oposición ós pés.
    • Exemplo: Sobre a cabeceira da cama colocaron un crucifixo.

    • Sinónimos: testeira
    • Termos relacionados: cabeceiro
  2. Por extensión, peza de madeira ou ferro que se coloca entre esta parte da cama e a parede.
    • Sinónimos: testeira
    • Exemplo: O pai fíxolle unha cabeceira para a cama, con táboas de palés.

    • Sinónimos: testeira
  3. Extremo principal da mesa.
    • Exemplo: O avó sentouse á cabeceira da mesa.

    • Sinónimos: testeira
  4. (Agricultura) Zona máis alta dunha leira.
    • Exemplo: A nai esperaba coa parva na cabeceira da finca.

    • Sinónimos: testeira
  5. (Arquitectura) Parte da igrexa na que se sitúa o altar maior, en oposición á fachada principal, situada nos pés da igrexa.
    • Exemplo: A noiva avanzaba lentamente cara á cabeceira da catedral, onde a esperaba o noivo.

    • Sinónimos: testeira, testeiro
    • Termos relacionados: ábsida

Traducións