Saltar ao contido

cañizo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cañizo».
  • Pronuncia: /kaˈɲiθo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

cañizo (sg: cañizo; pl: cañizos)

  1. Estrutura de canas, vimbios ou varas entretecidos, empregada para diversos usos.
  2. Estrutura con paus e varas para facer cerrados ou divisións.
  3. Estrutura así entretecida posta á entrada dunha propiedade como forma de porta.
  4. Aveño de labranza cunha estrutura de forma rectangular con varas e táboas dispostos para achaiar un terreo labrado.
  5. (Carro) Grupo de táboas horizontais colocadas nos laterais dos carros, así como tamén dos remolques, cruzados cos fungueiros, para soster a carga, e que non caia nigunha dela.
  6. Trebello que se pon no tiro da lareira para que o fume seque as castañas ou os chourizos. Está formado por paus ou canas unidas entre si.

Observacións

  • Forma menos recomendable.

Referencias