cañiza
Aparencia
Galego
Pronuncia: /kaˈɲiθa̝/ (AFI)
cañiza (sg: cañiza; pl: cañizas)
- Estrutura de canas, vimbios ou varas entretecidos, empregada para diversos usos.
- Estrutura con paus e varas para facer cerrados ou divisións.
- Estrutura así entretecida posta á entrada dunha propiedade como forma de porta.
- Aveño de labranza cunha estrutura de forma rectangular con varas e táboas dispostos para achaiar un terreo labrado.
- (Carro) Grupo de táboas horizontais colocadas nos laterais dos carros, así como tamén dos remolques, cruzados cos fungueiros, para soster a carga, e que non caia nigunha dela.
- Estrutura feita de paus ou táboas entrecruzados que se pon a certa altura sobre o lume dunha lareira para secar e afumar alimentos.
Observacións
- Forma menos recomendable.
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para «cañiza».
- «cañiza» no DIGALEGO, Ir Indo.
