cálculo
Aparencia
Galego
Pronuncia: /'kal.ku.lo̯/ (AFI)
cálculo
(sg: cálculo; pl: cálculos)
- Acción e efecto de calcular.
- Avaliación non exacta.
- (Matemáticas) Conxunto de métodos que, aplicados a unha colección de símbolos ou números, permiten obter o resultado dunha operación ou, en xeral, dun problema.
- (Patoloxía) Concreción sólida formada principalmente polos sales contidos nos líquidos do organismo, que produce a miúdo inflamacións e cólicos, e predispón as infeccións dos riles e da vexiga urinaria.
Termos relacionados
cálculo astronómico, cálculo de variacións, cálculo diferencial, cálculo económico, cálculo gráfico, cálculo infinitesimal, cálculo integral, cálculo numérico