bombícidos
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín científico Bombycidae.
Pronuncia: /bɔm.'bi.θi.ðos/ ou /bɔm.'bi.si.ðos/ (AFI)
bombícidos

- (Zooloxía) Familia de insectos lepidópteros caracterizadospor teren o tórax e o abdome grosos e peludos, a cabeza de pequeno tamaño en case todas as especies, a espiritrompa atrofiada e antenas con aspecto de plumas; os machos normalmente son máis pequenos que as femias; as especies desta familia son, polo xeral, de hábitos nocturnos. As larvas tecen casulos con sedas de diferentes calidades.
A especie máis coñecida é Bombix mori, o verme da seda, que se cría desde hai milleiros de anos para obter a seda.